www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Queiman tres contedores na Avenida Mendiño
Sucesos • 9/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O suceso, que afectou tamén a un vehículo que se atopaba estacionado nas inmediacións dos colectores, producíase na madrugada do martes e mobilizaba a Policía Local e Servizos de Emerxencia que tiveron que actuar para evitar que o lume se estendese a outros coches.


Un condutor que circulaba pola zona foi o encargado de alertar do lume que calcinou un total de 2 colectores situados na Avenida Mendiño (á altura da cafetería Mapache) e deixando un terceiro tamén afectado. O incendio, que se producía ao redor das 4:20 horas da madrugada do martes, deixaba os contedores completamente calcinados danando tamén a defensa dun Seat Ibiza que se atopaba estacionado nas inmediacións así como as baldosas da beirarrúa que se viron afectadas polo lume.


Un operario do Servizo de Emerxencias do concello foi o encargado de apagar o incendio que se deu por extinguido ás 6:20 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: