Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

SAR Plastic Omnium, a canteira como filosofía
Deporte • 8/11/2016
Autor: Ana Prieto

O equipo de Primeira Nacional, que esta fin de semana se mide no derbi local ao Rodosa Chapela, vive unha temporada de "renovación". Con xogadores moi novos, algúns mesmo de 16 anos, está a consolidarse na categoría. No ecuador da táboa, xa ten acadado o obxectivo de contar cun 80% de xogadores da canteira.


 


O adestrador, Carlos Rey, cumpre así coa filosofía do club, que desde a directiva fai unha aposta decidida polo deporte base. Nas oito xornadas de liga que leva disputadas o equipo colleitou uns restultados un tanto irregulares, pero foron quen de manterse nunha situación cómoda na táboa. Uns números que polo de agora lles permiten pensar no obxectivo da permanencia. Con todo, Rey é consciente de que pasarán "por momentos difíciles" ao longo da temporada, xa que a liga está moi igualada. Nun pano de puntos hai moitos equipos que, encadeando un par de vitorias ou de derrotas, poden pasar dos postos máis altos da táboa á zona de perigo. Agora o equipo están centrado en preparar o primeiro derbi local da temporada. Será en Redondela, ante o Rodosa Chapela, un equipo confeccionado para estar no máis alto da táboa e pelexar pola fase de ascenso. E malia que a situción na táboa podería dar lugar a pensar que os de Fran Teixeira son favoritos, Rey advirte que nos derbis "pode pasar de todo". Son partidos moi especiais nos que os xogadores saen á pista "cunha motivación extra", polo que o técnico agarda un bo espectáculo de balonmán. O encontro será o sábado, día 12, ás 18.30 horas no pavillón municipal A Marisma.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: