www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

A danza faise un oco en Redondela
Cultura • 4/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Moitos nervios os vividos hoxe no Centro Recreativo ao que se desprazou unha profesora da Royal Academy of Dance para avaliar ao alumnado da Escola de Danza de Deborah Alfaya que poderán así acceder a unha titulación oficial. Unha disciplina que cada vez conta con máis adeptos no noso concello, sendo máis de 50 as alumnas que asisten ás clases en Redondela. A asignatura pendente: atraer a un maior número de nenos, xa que na actualidade son tan só 3 os que a practican.


Profesoras e alumnas coinciden á hora de valorar o ballet: unha actividade moi esixente, que require moita disciplina pero que tamén resulta divertida para quen a practica. Incluso en idades tan temperás como os seis ou sete anos que é cando as alumnas comezan xa a realizar exercicios máis técnicos e que precisan de maior adestramento.


Lola Barrio e Celia Barreiro son dúas das alumnas que hoxe se examinaban e quen con tan só 12 anos aspiran a ser bailarinas profesionais, malia recoñecer que "é moi duro e require moito esforzo".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: