www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Paula Carballeira inaugura o ciclo de tradición oral de Pazos de Borbén
Cultura • 3/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O programa, organizado pola Biblioteca municipal e patrocinado pola Deputación, vaise desenvolver durante todo o mes de novembro con actuacións os venres ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. Pasarán polo escenario Santi Prego, Celso Fernández Sanmartín e Charo Pita. A entrada é de balde.


A inauguración deste ciclo terá lugar este venres día 4 co espectáculo "Os contos que non me contaron" unha escolma de historias a cargo de Paula Carballeira.


O día 11 de novembro a quenda será para Santi Prego quen achegará o seu espectáculo "O teatro máis pequeno do mundo" onde ofrecerá un repertorio de contos e historias con toques de maxia, poesía e humor.


Celso Fernández Sanmartín actuará o 18 de novembro presentando "Contos que non falten" e pechará o festival a contadora Charo Pita con "Contos de amor, erotismo e morte".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: