Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

O Céltiga afonda na ferida do Choco
Deporte • 31/10/2016
Autor: Ana Prieto

Os de Marcos Montes seguen padecendo a falta de gol, porque malia as ocasións que suman os redondeláns, falta efectividade nos últimos metros. A iso súmanse os erros, que como nesta ocasión aproveitou o rival para anotar o gol da vitoria.


 


Terceira División



Céltiga 1-0 Choco


Foi ese mesmo guión o que se viviu na visita ao campo do Céltiga. O Choco dominou na primeira metade e chegou á área de Sergio Rodríguez de forma continua. Rober dispuxo un man a man ao bordo da área pequena e disparou contra o gardameta. Despois enviou Marcos un disparo ao poste. Dúas opcións claras que non se materializaron, mentres que o Céltiga marcaba na súa primeira chegada. Un erro defensivo dos redondeláns permitiu o gol de Ramón nun man a man con Cortegoso. Xa co marcador a favor os anfitrións repregáronse mentres o Choco porfiaba no seu xogo ao ataque constante. Os de Marcos Montes tiveron algunha ocasión para o empate, pero Rober enviaba o remate de cabeza ao traveseiro. O Choco segue en postos de descenso, e a próxima xornada recibe ao Alondras de Jacobo Montes.


Céltiga: Sergio Rodríguez, Alló, Marcos Rodríguez, Carlos Gómez, David Castro, Javi Vidal, Adrián Igrexas (Yun, min. 40), Diego Fernández, Ramos Eiras, Romay (Luís Rodríguez, min. 63), Sineiro (Abal, min. 56).


Choco: Cortegoso, Gonzalo, Yago Vázquez (Muíños, min. 78), Lucas, Alberto Rei (Oki, min. 60), Alberto Suárez, Rober, Gabi Misa, Comis, Marcos Pérez, Félix (Óscar Pérez, min. 63).


Gol: 1-0, min. 43: Ramón.


Árbitro: Bernardo Domínguez, auxiliado por Rodríguez Penas e Rama Cotelo. Mostrou cartolina amarela a Javier Vidal, Sergio Rodríguez e Yun polo Céltiga e a Comis e Yago Vázquez polo Choco.


Segunda Autonómica



Choco B 1-1 Ribera


Partido bronco e con moitas interrupcións, como dan mostra os once cartóns amarelos, cinco locais e seis visitantes. Ao final, os redondeláns non puideron levar o xogo ao seu terreo, e tiveron que conformarse co empate, que os afasta máis do liderado. Na próxima fin de semana xogan no Monte da Mina ante o Racing de Castrelos.


Arcade 2-0 Mosteiro


Os goles de Rubén e Pablo déronlle a vitoria ao Arcade, nun encontro no que os locais dominaron o xogo, e no que mesmo tiveron ocasións para ampliar a vantaxe. Os de Soutomaior avanzan posicións na táboa, e a próxima fin de semana xogan no campo do Caldas, cuarto clasificado.


Terceira Autonómica



Chapela 3-1 Nespereira


Os de Chapela mantéñense firmes no liderado do grupo logo da vitoria ante o Nespereira. Javi Posada, de penalti, e Diego por dúas veces anotaron os goles do triunfo. O Nespereira tivo ocasións para recortar distancias, pero os locais sentenciaron o encontro. Os de Chapela comparten o liderado co Teis, e o domingo defenderán a súa posición no campo do Balaídos.


Peña Beretes 1-4 Lavadores


O Beretes Chapela non sae do pozo da táboa, logo da derrota ante o Lavadores nun encontro no que non houbo bo fútbol. Os visitantes foron ao descanso cunha vantaxe mínima, pero no segundo tempo aproveitaron os erros defensivos dos de Chapela para sentenciar o partido. O Beretes Chapela segue afundido na táboa. O pechacancelas xogará a próxima fin de semana no campo do Gondomar.


At. Vilar 2-3 Peñasco


Derrota dos de Vilar, que se sitúan na parte baixa da táboa. A próxima fin de semana xogan en Vigo, no campo do Lavadores.


Cesantes 4-0 Estrela Dorada


Os goles de Santi, por partida dobre, Isaac e Edu déronlle a vitoria ao Cesantes, nun encontro no que os redondeláns dominaron de principio a fin. O Cesantes é 3º no seu grupo, empatado co 2º, que é o Pontecaldelas, e a dous puntos do líder, o Cerponzóns. A próxima xornada teñen unha cita no campo do At. Cunts, 6º clasificado, cun punto menos que os redondeláns.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: