Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Arealonga e Campito chegan ao derbi moi necesitados de puntos
Deporte • 31/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Os dous equipos de Redondela que militan na Autonómica Sur de futbol sala vivirán esta fin de semana un enfrontamento en Chapela ao que ambos os dous chegan moi debilitados. Os resultados non os están a acompañar nesta tempada relegados aos postos baixos da táboa. Mellor situado o Redondela na sexta praza malia que perdía na súa visita a Verín por 5-4.


O Redondela FS visitaba esta fin de semana un campo difícil, o do Verín, equipo situado na segunda praza da categoría. No puido ser e non lograron facerse con ningún dos puntos en xogo ao caer por 5-4. Os de Redondela deben sobrepoñerse porque na vindeira semana volven xogar cun equipo complicado, o Cereixa, terceiros na táboa. Encontro que se disputara o sábado no novo pavillón da Marisma.


Pola súa banda, Arealonga e Campito enfrontaranse nun derbi ao que chegan logo dun inicio de tempada que non lles está a deixar moitas alegrías. Así, o Arealonga ocupa a decimosegunda praza da categoría logo de caer ante o Lume. Partido xogado no CUVI e que remataba co avultado resultado de 8-3.


Un posto por baixo atópase o Campito, equipo que esta fin de semana empataba co Valladares a tres tantos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: