www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

O BNG reclama a retirada do Plan do Litoral por incidir negativamente no ordenamento urbanístico
Sociedade • 14/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Casa da Cultura acolle ás 20:00 horas de hoxe un acto informativo aberto á cidadaní no que se analizará o Plan de Ordenación do Litoral e as súas repercusión no concello. No acto participarán o concelleiro de Pontevedra, César Mosquera e o portavoz municipal, Carlos Pazos.


Na charla informarase aos asistentes das repercusións que esta normativa urbanística terá en toda a comunidade así como no ámbito concreto redondelán, onde no caso de aprobarse o POL podería haber vivendas tanto no litoral como nas zonas de afeccións dos ríos, que quedasen afectadas. Dende o BNG local ponse como exemplo a situacións dos núcleos tradicionais existentes tanto na Portela como en Rande, onde hai vivendas con máis de cen anos que coa aplicación deste Plan quedarían fora da ordenación.


No Bloque botan en falta ademais unha maior protección en canto ás actividades industriais na costa, xa que ao entender do concelleiro de medio ambiente, Carlos Pazos a franxa do litoral debería estar protexida para evitar a instalacións de novas industrias e dende a Xunta deberíase dar un paso na retirada da beira da ría das industrias alí asentadas. O documento mentres por unha banda restrinxe o desenvolvemento nalgún núcleo por outra legaliza industrias localizadas a pé do mar.


Por estes motivos dende o BNG entenden que o goberno galego debería retirar o POL porque incidirá negativamente no desenvolvemento urbanísticos e non cumpre o seu cometido de ordenar o litoral.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: