www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

A creativa campaña do Choco protagonizada por Carmela a do "Porrón" logra 514 abonados
Deporte • 27/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Choco finalizou o pasado domingo a creativa campaña de abonos Quen é a muller da foto? na que propoñía un concurso-adiviña no que todas as persoas que formalizaron o seu carnet para a presente tempada tiñan a posibilidade de acceder ós agasallos que ofrecía a entidade en caso de acertar a identidade da muller que aparecía de costas nunha fotografía. En total formalizaron o seu abono 514 socios, o que supón un incremento dun 6% respecto da anterior tempada.


A modelo para esta campaña é a socio número 1 do club Carmela Rafael, máis coñecida como Carmela a do "Porrón". A súa relación co equipo ven de moi antigo cando, ademais de acudir ó campo como seareira, tamén cociñaba os polos que tiñan por costume comer os futbolistas despois dalgún partido. Para toda a familia do Choco foi unha honra poder contar coa axuda da socia con máis anos na identidade e que xa acudía a Santa Mariña cando o campo era un terreo de terra ó lado da marisma e frecuentemente asolagado polas enchentes do río ou da marea alta.


Nos vindeiros días o club de Redondela procederá ó reconto de todas as persoas que acertaron a adiviña entre os socios e procederá ó sorteo dos agasallos entre os que está un abono de balde para todo o ano ou unha camisola da entidade.


Na actualidade, o Choco dispón de 514 abonos, o que supón un incremento dun 6% en relación a pasada tempada. Se aínda queda algunha afeccionado interesado en tramitar o carnet pode dirixirse ás instalacións da entidade en Santa Mariña ou poñerse en contacto pola rede. Iso si, non poderá acceder ós premios da xa finalizada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: