www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Ofrenda floral no cemiterio dos Eidos no 79 aniversario da II República
Sociedade • 14/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Colectivo republicano de Redondela inicia esta tarde ás 20:30 horas unha serie de actos para conmemorar o aniversario da II República. O venres na Casa da Torre convocan celebran unha conferencia a cargo do xornalista Alfredo Grimaldos.


O cemiterio dos Eidos acolle esta tarde ás 20:30 horas a tradicional ofrenda floral que todos os anos o Colectivo Republicano de Redondela organiza co llo da conmemoración do aniversario da II República.


Xa o venres celébrase na Casa da Torre unha conferencia a cargo do escritor e xornalista Alfredo Grimaldos baixo o título "medio de comunicación e manipulación informativa". Un acto aberto que terá lugar ás 20:15 horas.


Este ano, a maiores dos actos que organiza o colectivo, súmanse ás actividades que se farán en Soutomaior o vindeiro día 17 de abril, na honra de Fernando Pereira, alcalde dese concello, galeguista e republicano que xa hai dez anos que nos deixou.


Xantar  


Por outra banda, aqueles que queiran participar no xantar de confraternidade que se vai celebrar o 1 de maio no local social da Miñoteira en Ventosela poden xa adquirir os seus bonos a un prezo de 15 euros no Café da Vila ou no local Cal3 fotografía.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: