www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Festa do Samain na Alameda de Talorío en Arcade
Cultura • 25/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior organiza este sábado día 29 a festa do Samaín con actividades variadas que se desenvolverán na súa maior parte na Alameda de Talorío. Obradoiros, animación de rúa, contacontos, música, bailes, queimada e degustación de castañas conforman un programa que rematará no Multiúsos de Arcade coa proxección da película de terror La Visita ás 21:00 horas.


A xornada de festa arrancará ás 17:00 horas con obradoiros dirixidos a todas as idades nos que os participantes aprenderán a elaborar pócemas e beberaxes e un taller de maquillaxe de medo. A continuación haberá animación de rúa con "Coidado coa meiga" que percorrerá as inmediacións ata regresas á alameda e continuar a festa cunha actividade que leva por nome "A caza da meiga", durante a cal haberá que superar diferentes probas.


Continuarase cun contacontos sobre as Lendas do Samaín a cargo de Coida e Miolo e a partir das 19:45 celebrarase un aquelarre con presenza de meigas e bruxos que farán un conxuro. Habe´ra queimada, castañas e outros sorpresas.


O programa rematará coa proxección da película de terror La Visita a partir das 21:00 horas no Multiusos de Arcade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: