www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Leonardo Cabaleiro: "Debemos recuperar un PSOE afastado do PP"
Política • 24/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Finalmente o comité federal do PSOE adoptou unha decisión contraria ao que demandaban as bases do partido en Redondela, localidade na que un 71% dos militantes posicionaráranse en contra dun goberno de Mariano Rajoy mantendo o "non é non" defendido polo ex secretario xeral do partido Pedro Sánchez. A decisión do PSOE de absterse e permitir ao PP formar goberno afecta piramidalmente a todos os estratos do partido, tal e como recoñece o secretario xeral en Redondela, Leonardo Cabaleiro, quen malia todo confía en que "tomada a decisión, o partido saiba reconstruír a unidade e recuperar un PSOE afastado do PP".


"Recoñecemos que a decisión do comité federal supón a entrega do goberno ao PP pero temos que demostrarlle á sociedade que PP e PSOE non son o mesmo". Ese é para Cabaleiro o obxectivo que debe mover o partido "unha vez que a decisión está tomada, agora toca reconstruír a unidade e a credibilidade, facendo un bloque máis forte contra as políticas antisociais do PP".


Sobre a perda de apoios por parte daqueles votantes que se sintan decepcionados coa decisión de permitir gobernar a Rajoy confía Cabaleiro en que "se poida dar un xiro contra as políticas do PP que eviten ese fluxo de votantes a outras formacións".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: