www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Teatro Ensalle presenta en Redondela "Las calles corrían por las calles"
Cultura • 21/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Teatro Ensalle é unha compañía vinculada a sala alternativa homónima que funciona en Vigo dende o ano 2003. Un espazo que aposta por narrativas escénicas emerxentes e unha compañía que ten en cartel diferentes obras entre as que se atopan a que este sábado poderemos ver en Redondela "Las calles corrían por las calles" dentro do ciclo do Outonoteatro.


Baixo a dirección de Pedro Fresneda, autor do texto e responsable tamén da iluminación, os actores Raquel Hernández, Artús Rei e María Costa poñen en escena a obra "Las calles corrían por las calles" un espectáculo que leva dous anos xirando por diferentes teatros de toda España pero tamén por México e Arxentina. Unha proposta alternativa que anima ao público a reflexionar e que transmite "moita enerxía" cuns actores que fan un intenso traballo físico e actoral ao longo da hora de duración da obra.


As entradas, a un prezo de 5 euros público en xeral 3 euros entrada reducida, poden retirarse no Multiúsos da Xunqueira, lugar no que terá lugar a representación mañá sábado ás 20:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: