www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Alén Nós proxecta Desde dentro do corazón
Cultura • 20/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Casa da Cultura acolle este venres ás 20:00 horas a proxección de tres series de entrevistas recollidas nun proxecto documental do Faiado da Memoria que ten como base principal o pobo de Vilagarcía de Arousa. Está realizado a partires de entrevistas a distintas persoas que van contando as súas vivencias sobre determinadas historias.


A VILA QUE TIÑA MAR. O mar da Ría de Arousa bañaba as casas da vila. Cando se levantaba unha tormenta, a auga entraba nelas. Os nenos ían xogar a praia que estaba ao cruzala estrada. O peirao de madeira servía de conexión cos outros pobos da ría ao tempo que era o lugar de despedida para aqueles que marchaban cara ultramar... Todo foi desaparecendo, o peirao, a praia, o mar, os nenos... pola man do home.


MISTER, GUAN PENING. Desde a segunda metade do século XIX deica o ano 1936, a escuadra inglesa escollía o acollemento da ría de Arousa para as épocas de inverno. A vila enchíase de ingleses que duplicaba amplamente a poboación local. O diñeiro corría... e os nenos detrás del. "guan pennig" e "guan sigarrete" eran as verbas en inglés-galaico que primeiro aprendían a dicir.


O OURO NEGRO. Desde sempre a pesca daba para sobrevivir pero a costa dun gran sufrimento. Logo de longas xornadas no mar, malamente se conseguían unhas pesetas para poder alimentar as familias. Pero a partires dos anos setenta algo ía a cambiar: a subida do prezo dun produto que caracteriza a zona do seu cultivo: a ameixa e o berberecho de Carril.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: