www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Catro xogadores do Choco convocados coas seleccións galegas
Deporte • 19/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Choco recibiu este semana boas novas para a súa canteira porque catro futbolistas foron chamados polas selecciónes galegas da súa categoría para facer uns adestramentos de preparación para o Campionato de Seleccións Autonómicas que se celebran ó final de ano. María Rodríguez Figueroa adestrou o luns coa selección sub-16 e este mércores farano Alejandro Rodríguez Figueroa (sub-16) e Samuel Santos e Francisco González Prieto.


Na categoría sub-16 foi chamada María Rodriguez Figueroa e adestrou este luns coas súas compañeiras en Vigo ás ordes de Eduardo González "Edu". O preparador, que xa coñece á mediocentro de convocatorias anteriores, destacou que "é unha futbolista de forza e colocación, que fai un traballo de recuperación do balón moi importante para o equipo e que falicita o brillo doutras compañeiras. Realiza función importante".


Xa na categoría masculina, os adestramentos están previstos para a xornada do mércores. Pola selección sub-16 recibiu a chamada da selección Alejando Rodríguez Figueroa e coa sub-18 participarán Samuel Santos e Francisco González Prieto. Estas convocatorias volven amosar a boa saúde da canteira do Choco e o traballo feito por todos os adestradores dos equipos da base.


Seleccións territoriais de Vigo


Ademais dos futbolistas chamados para acudir os adestramentos da selección galega catro xogadores recibiron a chamada da selección comarcal de Vigo. Alexandre Gil e Aarón Cortegoso recibiron a chamada do combinado sub-12, mentres que María Rodríguez e Arantza Pereira recibiron a chamada da sub-15.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: