www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Yolanda Castaño celebra o V aniversario da Biblioteca de Chapela
Cultura • 13/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade comezará ás 20:00 horas cunha lectura de poemas infantís e avanzando despois cara outros enfoques máis xuvenís e adultos. Ademais poderá verse tamén algúns dos seus videopoemas.


A biblioteca de Chapela celebra o seu quinto aniversario coa presenza da poeta Yolanda Castaño, unha das escritoras máis recoñecidas do panorama galego actual.


Castaño, recoñecida escritora, guionistas e presentadora televisiva, é tamén unha moi activa dinamizadora cultural, que colabora en medios de comunicación escrita e organiza recitais poéticos.


Dende a biblioteca entenden que a súa calidade como escritora unida a súa popularidade fan de Yolanda Castaño a mellor protagonistas para conmemorar os cinco anos dende que entrada en funcionamento a biblioteca que se atopa no Multiusos do Piñeiral do Crego.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: