www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 30 de Maio de 2020

1500 racións de carne e 750 de chourizo na VII Festa da Chanfaina de Fornelos
Cultura • 14/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Carlos Blanco será o encargado de ler o pregón ás doce do mediodía e a continuación actuarán As Pandereteiras de Ardebullo




O concello de Fornelos celebra este domingo a VII edición da Festa da Chanfaina e carne do Suído. Hai sete anos un grupo de veciños decidían poñer en marcha esta festa gastronómica co obxectivo de dar a coñecer os produtos da zona. Unha celebración que foi todo un éxito e que nesta edición porá a venda 750 racións de chourizo e 1.500 de carne do Suído.


Os stands de degustación abriranse ás doce do mediodía e os comensais poderán durante todo a xornada degustar a carne preparada á brasa por cociñeiros profesionais acompañada de patacas, empanada, rosca e filloas.


O actor e contador de historias Carlos Blanco será o encargado de ler o pregón e a continuación haberá unha actuación especial das televisivas Mucha e Nucha, máis coñecidas como “As Pandereteiras de Ardebullo”.


Haberá asemade música durante toda a tarde que correrá a cargo da Banda de gaitas do municipio e da Coral escola música de Fornelos, así como pasarrúas e concerto da banda de música de Redondela.


Un recinto cuberto asegurará unha comida lonxe das inclemencias meteorolóxicas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: