www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Rutas turísticas e visitas teatralizadas para potenciar o Castelo de Soutomaior
Cultura • 18/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior estudan ademais a posta en marcha dunha tenda de produtos producidos no propio recinto do Castelo como aceites derivados das camelias, viño, setas ou castañas que servirían para incrementar o atractivo dun espazo  que quere converterse nun centro de atención turística da provincia.


A Presidenta da Deputación, Carmela Silva adiantou que antes de final de ano é moi probable que se poidan presentar as tres rutas deseñadas e elaboradas para recorrer o conxunto do castelo e todo o seu entorno "que presentaremos unha vez este concluída a sinalización e balizamento das mesmas e que permite coñecer a totalidade das instalacións".


Para o próximo ano, tanto Carmela Silva como Agustín Reguera, coincidiron  en comezar a traballar cara a poñer en marcha o proxecto de musealización do Castelo. O proxecto contempla melloras nos xardíns, plantacións e parque forestal; enriquecemento dos cultivos; dotar de accesibilidade e mobilidade ó recinto; completarase o equipamento do parque; crearanse paseos e itinerarios polo recinto, áreas de picnic, merendas, obradoiros, etc.; impulsaranse actividades e exposicións, festas e mercadillos temáticos, teatros, música; poranse en marcha parques e espazos de xogos infantís.


E co obxecto de rentabilizar os produtos propios do lugar tamén está en mente dos responsables deste espazo a creación dunha tenda na que e oferte aos visitantes produtos como té ou aceite elaborados con camelias, viño, setas e castañas.


A aposta da Deputación de Pontevedra co castelo é convertelo nun espazo de atracción turística na nosa provincia cun espazo adicado ao ocio familiar motivo polo que de cara ao vindeiro ano incrementaranse as visitas teatralizadas, que este ano atraeron en tan só un mes a 1800 persoas, aumentando o número de personaxes que participan nelas, así como os horarios dada a  grande demanda de persoas que queren participar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: