www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

Obras de reparación na estrada de Tuimil no Viso
Institucional • 18/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As fortes precipitacións do pasado inverno provocaron a caída dun muro de contención o que dificultaba o paso de vehículos. A actuación actual, que conta cun orzamento de 17.000 euros, consistirá na reparación do muro e o ancheamento da estrada para facilitar así o paso de dous vehículos.


O muro alcanza unha altura de 4 metros e unha lonxitude de 30 metros o que achegará gran estabilidade e seguridade a estrada. O importe da obra acada os 17.000 euros e será incluída no convenio firmado coa Xunta de Galicia que inclúe a reparación dos danos do temporal.


Xunto coa reparación do muro aproveitase para anchear a estrada xa que no seu estado anterior o paso de dous vehículos era dificultoso. Para este ensanche necesitouse a cesión de dous propietarios que firmaron o correspondente documento de cesión do terreo necesario segundo o proxecto técnico.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: