Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O RedondelaFS mantense terceiro na Autonómica Sur logo do empate co Tui
Deporte • 17/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Empate a tres tantos entre o Redondela e o Tui Futsal e victoria para o Campito que logrou facerse co partido por 2-1 nun encontro xogado en Chapela onde recibiron ao Ourense. Derrota pola contra para o Arealonga que na súa visita a Gondomar non superou aos rivais nun partido que remataba cun 6-4 no marcador.


Os de Redondela deixaron escapar os tres puntos en xogo nun encontro disputado na casa e malia ir con vantaxe de 3-0. Un partido que parecía controlado pero no que os rivais crecéronse logrando o empate final del partido. Un 3-3 no marcador que malia todo mantén ao Redondela no terceiro posto da autonómica sur. Posicionamento que poderían mellorar na vindeira semana se logran superar ao Celado, equipo situado no penúltimo posto da táboa. O encontro disputarase no pavillón Oscar Pereiro de Mos.


Mellor sorte para o Campito que si lograba facerse coa vitoria no partido xogado en Chapela ante o Ourense e que remataba cun 2-1. Na vindeira semana visitan o campo do Beade.


Por último, derrota para o Arealonga que visitaban a pista do Gondomar. Partido que remataba co resultado de 6-4. A próxima cita lévaos tamén fóra da casa, xogarán no campo do Manzaneda.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: