www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

A oposición denuncia que o goberno local oculta información sobre as obras da AP-9
Política • 14/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Critican que non se convoque a comisión de seguimento e cualifican de gravisimos os últimos feitos que afectaron ao barrio de Cabanas ao trasladar pezas de gran tonelaxe por enriba de vivendas sen ningún tipo de seguridade para os seus residentes e ocupar terreos particulares sen permiso. Nun comunicado conxunto, PSOE e AER acusan ao grupo de goberno de "preferir ter relacións bilaterais coa UTE e Audasa na vez de convocar unha comisión con representación de todos os grupos políticos e representantes veciñais".


Explican dende o PSOE e a Agrupación de electores que "ante a gravidade dos feitos acontecidos en Cabanas coa ampliación da AP-9 solicitaron por rexistro a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento das Obras de Ampliación da AP-9; petición que tamén ten solicitado a Asociación de Afectados da AP-9".
Unha comisión que segundo explican non se convoca dende o 28 xuño, a pesar das numerosas demandas da veciñanza e dos grupos políticos da oposición polo incremento dos problemas xerados por esta ampliación e acusan ao equipo de goberno de "prefirir ter reunións bilaterais coa UTE e Audasa antes de convocar unha comisión onde estean incluídos todos os grupos políticos da corporación e a veciñanza".
Afirman ademais que "Fomento e Audasa, co consentimento do PP, seguen negando información tanto nas comisións celebradas como nos rexistros presentados neste Concello"  Dende os grupos políticos da oposición "non se entende que o Grupo Municipal do PP presuma de transparencia cando non convoca a comisión e oculta información", conclúen. 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: