www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

A Panadaría presenta a comedia "Panamericana"
Cultura • 14/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Continúa o ciclo Outonoteatro cunha nova representación o sábado ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira a cargo da compañía A Panadaría quen presentan "unha comedia con sabor a guiso tropical". Música en directo, monicreques e traballo actoral a cargo de tres actrices que nos deixan de transformarse sobre o escenario. As entradas pódense xa retirar no Multiúsos a un prezo de 5€ (3€ reducida).


 


O argumento xira en torno a Miranda Celia del Río, unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero que ante a presión da fama decide fuxir na procura dunha vida mellor. A súa escapada finaliza en Provincia, una vila na que se terá que enfrontar a un laberíntico e absurdo aparato burocrático, sanitario e financeiro.


Unha historia que nos contan as actrices Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman que representan no escenario a un total de 24 personaxes e botan man da música en directo e dos monicreques para trasladarnos ao seu universo.


A obra poderá verse o sábado ás 20:00 horas no Multiúsos dentro do ciclo Outonoteatro que organiza a Concellería de Cultura. O prezo da entrada é de 5€ público en xeral, tres euros estudantes, xubilados e desempregados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: