www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Condenados a vivir baixo a ponte
Sociedade • 13/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Tres casas quedarán baixo a ponte unha vez conclúa a ampliación da autoestrada. Así o denuncian os veciños afectados, residentes en Rande que dende hai unha semana viven con "temor, medo e indignación" uns traballos que fan que "pezas de ferro de gran tamaño se trasladen por enriba dos tellados das nosas vivendas". Ante a situación na que van quedar esas casas solicitan a súa expropiación.


Diego Lago é un dos residentes na zona e denuncia que en ningún caso se puxeron en contacto con eles para informarlles dos traballos nin alertar do perigo que supuñan os traballos que se están a realizar sobre as súas vivendas dende hai unha semana. "De súpeto atopámonos cunhas pezas de ferro de gran tamaño sobre os nosos tellados movidas por un guindastre e tememos pola nosa seguridade".


A situación aínda empeorou cando os operarios comezaron a traballar en horario nocturno provocando un ruído que non era compatible co descanso.


Séntense enganados xa que "os planos de Fomento non contemplaban a ocupación de terreos que están facendo actualmente, invadindo as propiedades privadas". Explican que nesa situación atópanse unha seis ou sete vivendas "das cales tres quedan directamente baixo a obra" polo que demandan que sexan expropiadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: