Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Investigan as causas do brutal choque en Redondela no que morreu un mozo de 29 anos
Sucesos • 11/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O sinistro, que se producía cando unha furgoneta invadía o carril contrario na N-550 e colidía contra un camión, deixa o tráxico balance dun falecido, un veciño de Marín de 29 anos de idade que viaxaba no asento do copiloto e un ferido grave, o condutor da furgoneta de 25 anos e que foi trasladado ao hospital Alvaro Cunqueiro logo dunha complexa excarceración.

 


O accidente acontecía pouco antes das tres da tarde cando unha furgoneta colidía contra frontalmente contra un camión, no quilómetro 142 da N-550, nas inmediacións do viaduto vello. Os dous ocupantes da furgoneta tiveron que ser excarcerados dada a virulencia do impacto que deixou esnaquizada a parte dianteira do vehículo. Os dous pasaxeiros presentaban feridas de gravidade e un deles faleceu pouco despois do sinistro, o outro ocupante foi traslado a un centro hospitalario de Vigo. O condutor do camión resultou ileso, segundo informacións da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra.


Agora trátase de esclarecer os motivo que levaron á furgoneta a invadir o carril contrario colidindo frontalmente contra o camión que circulaba correctamente.


Até o lugar do sinistro achegáronse dúas ambulancias medicalizadas de Vigo e Redondela, Protección civil, unha unidade dos Bombeiros e axentes da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, que se encargaron de regular o tráfico na zona, ao quedar un dos carrís cortados á circulación, o que provocou importantes retencións na zona mentres os servizos de emerxencia traballaban para liberar aos ocupantes da furgoneta que quedaran atrapados no interior do vehículo. A excarceración prolongouse durante case unha hora.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: