www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

O Choco recupera o liderado en Ourense
Deporte • 13/04/2010
Autor: Ana Prieto

Boa fin de semana para os equipos locais que gañaron os seus encontros tanto na Preferente Sur como na Primeira e Segunda Autonómica. O Choco volve ser líder da Preferente, o Arcade afástase dos postos de descenso e o Chapela mantén a segunda praza do seu grupo.


Preferente Sur
Covadonga 0- Choco 1


Os redondeláns recobraron o liderado no campo do Eiroás cun gol de Nando, ó sacar unha falta coa axuda do porteiro ourensán Vázquez. O equipo local foi o claro dominador do partido na primeira metade, cando tivo dúas ocasións moi claras Iglesias, para adiantarse no marcador, e mesmo lle foi anulado un gol por fóra de xogo ó mesmo futbolista. E o Choco soubo aproveitar a súa ocasión para anotar o gol no minuto 35, que sería o único do encontro que subiu ó marcador. Na segunda parte o Covadonga, cun home menos pola expulsión de Víctor, seguiu dominando o partido, pero non sacou rendemento as súas ocasións. Os de Julio Álvarez souberon manter o resultado e chegar ó final do partido cos tres puntos de ouro que o levan novamente á cabeza da táboa, grazas tamén ó tropezo do Portonovo no campo do Barbadás. Na próxima xornada reciben en Redondela ó Ribadumia (13º).


 


Primeira Autonómica


Castrelos 0- Arcade 1


Respira o Arcade despois da vitoria en Castrelos, co que soben un posto na táboa, son 14º e escapan dos postos de descenso, xa que teñen agora 5 equipos por baixo deles. A próxima xornada reciben ó Vilariño, equipo da matade da táboa.


 


Segunda autonómica 


San Esteban 0- Chapela 1


Partido moi igualado no que o Chapela se limitou a aguantar ó San Esteban. Os redondeláns tiraron de pegada para levar os tres puntos para a casa. O Chapela mantén así a segunda praza do grupo e a próxima xornada recibe ó colista, o Corzanes.


 


Terceira Autonómica 


Monteporreiro 3- Cesantes 2 


Os de Redondela perderon no campo do Monteporreiro nun encontro moi interesantes e con moitos goles que, finalmente, se saldou con vitoria local.. O Cesantes está no 8º posto da táboa, a próxima xornada reciben ó lider, o Figueirido.


 


Soutomaior 2-Arcade 0 


Vitoria para o Soutomaior no derbi local, a veteranía dos locatarios impúxose ás gañas do filial do Arcade nun fermoso encontro que deixa ó Soutomaior na terceira praza do grupo e ó Arcade na 7ª. Na próxima xonrada o Arcade recibe ó Bueu (5º) e o soutomaior xoga no campo do Bahía (2º)


 


Santa Mariña 2- Choco 1


Cun gol inicial en propia porta o Santa Mariña deulle pé ó Choco a pecharse para reter o balón. Pero o Santa Mariña non se achicou e remontou un partido moi complicado con goles de Zuñigan e Puma. O Choco é 7º do grupo, e a próxima xornada recibe ó Matamá, 2º clasificado

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: