www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

O Redondela FS mantense nos postos altos da categoría logo de vencer ao Arealonga en Chapela
Deporte • 10/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Partido correspondente á cuarta xornada da liga na Autonómica Sur disputado no pavillón municipal de Chapela cunha boa entrada de afeccionados. Primeiro derbi da tempada que rematou cun 3-6 a favor do Redondela. Mal resultado para o Campito na súa visita ao campo do Abetos cun partido que deixaba un 4-2 no marcador.


O Redondela FS visitaba o pavillón de Chapela e saía a polo partido logrando xa aos catro minutos do inicio poñerse por diante no marcador. Moita presión por parte dos visitantes que lles permitía irse ao descanso cun 0-3 no marcador. A segunda parte comezou coa mesma dinámica aínda que o Arealonga lograba meterse no partido pero sen chegar a poñer en perigo a vitoria do Redondela que se facía co encontro con ese definitivo 3-6.


O outro equipo de Chapela, o Campito tampouco lograba facerse coa vitoria na súa visita ao campo do Abetos. Os puntos quedábanse na casa dos locais logo de rematar o partido cun resultado de 4-2.


O Redondela mantense na terceira praza da categoría e recibe o sábado no pavillón novo ao Tui, partido que se disputará ás 16.15 horas.


O Campito situado na penúltima praza, tentará facerse coa vitoria nun partido que disputa na casa, onde recibe ao Ourense. Por último, o Arealonga desprázase a pista do Gondomar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: