www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

O Camiño de Santiago en catro etapas
Sociedade • 9/04/2010
Autor: Ana Prieto

Mañá sábado ponse en marcha a peregrinaxa a Compostela que organiza o Centro Cultural de Cedeira. Será en catro etapas a realizar os sábados. O primeiro será o tramo entre Tui e Redondela.


O Centro Cultural de Cedeira organiza unha peregrinaxe a Santiago de Compostela en catro etapas. A primeira será mañá sábado, día 10, desde Tui ata Redondela. O resto das xornadas faranas os días 17 e 24 deste mes, e a última o 1 de maio. Serán as de Redondela-Pontevedra, Pontevedra-Escravitude, e Escravitude-Santiago. O coordinador da actividade, Vicente Lamas Guisande, explica que a razón de facer o Camiño de Santiago por etapas é porque permite "que máis xente participe". Aqueles que por falta de tempo non poidan peregrinar a Compostela, poden recorrer a esta opción, facendo o camiño por etapas os sábados "que é cando a maioría da xente ten máis tempo", segundo apuntaba Lamas Guisande. A organización porá a disposición dos participantes un autobús que os trasladará ó punto de partida e despois os recollerá ó final da etapa. Os interesados poden inscribirse na conserxería do Centro Cultural de Cedeira ou no teléfono 986.40.39.75, e as prazas son limitadas. A organización fai tamén algunhas recomendacións para aqueles que se animen a participar, como levar roupa e calzado cómodo, e non cargar demasiado as mochilas, xa que poden mercar algo para xantar e bebidas polo camiño.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: