www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Últimos días para o pago do IBI
Sociedade • 6/10/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O venres 14 de outubro remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto sobre bens inmobles (IBI). Dende o servizo de recadación do Concello lembran que finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremo regulamentarios.


Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesariAs para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, La Caixa ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela na Rúa Ernestina Otero 35 baixo (horario de atención ó público: mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas). Poden tamén descargarse o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación, introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición; e asemade poderán efectuar o pago on line a través do enlace existente na páxina web do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: