www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

O BM Chapela esixe á Federación un maior respeto para as categorías femininas
Deporte • 4/10/2016
Autor: Ana Prieto

O presidente do club, Manuel González Soto, lamenta a actitude do árbitro no encontro disputado entre o Rodosa Chapela e o Palencia, que cualifica de "irrespetuosa e vergoñenta". Advirten que non é a primeira vez que este colexiado se comporta deste xeito, polo que trasladarán a queixa ao Comité de Competición.


O partido, correspondente á segunda xornada de liga da División de Honra Prata Feminina, disputouse o pasado domingo en Chapela. As redondelás perderon por 10-23, pero no club non lamentan o resultado, senón a "falta de respeto" do colexiado madrileño Alfredo Arcos. Soto entende que a derrota foi xusta, pero critica duramente os xestos do árbitro, que chegaron a ser obscenos de cara aos afeccionados do BM Chapela. O presidente anunciou que enviará a gravación do partido ao Comité de Competición, e esixe á Federación Española de Balonmán que "tome medidas". Entende que en Galicia hai mellores árbitros na categoría territorial, que demostran "máis profesionalidade" que os que a federación envía para as competicións estatais. No club lamentan que desde o organismo estatal non tomen coa debida consideración ás categorías femininas, que están a saír adiante "polo compromiso persoal dalgúns dirixentes dos clubs". Desde Chapela a aposta polo balonmán feminino "é firme", polo que lamentan que desde a Federación o trato sexa tan "vergoñento".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: