www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Rei nega a imputación diante do xuíz e declara que actuou "en beneficio público"
Institucional • 9/04/2010
Autor: Ana Prieto

O fiscal pide nove anos de inhabilitación para o alcalde redondelán por prevaricación. Mentres o rexedor admite que o interventor lle advertiu de que existía unha falta administrativa, pero "non un ilícito penal".


O alcalde de Redondela repetiu no xulgado a mesma versión dos feitos que xa adiantara nos micrófonos de Radio Redondela. Onte admitiu na súa declaración ante o xuíz da Sala do Penal número 1 de Vigo que o interventor municipal advertíralle de que se cometía unha "falta administrativa, pero nunca un ilícito penal" ao recorrer a un recoñecemento extraxudicial de crédito para proceder á ampliación das obras de reforma das rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín. O alcalde explicou , como xa fixo en anteriores ocasións, que non había outra saída ao tratarse dunha actuación urxente que carecía de consignación orzamentaria. Mentres o fiscal pide que se inhabilite ó rexedor por un período de 9 anos por prevaricación, mentres Rei asegura que actuou, non en beneficio propio, senón aplicando o sentido común, buscando a mellor solución para a cidadanía.


O caso remóntase á renovación das redes de saneamento e abastecemento das citadas rúas, unha actuación cun custo de 124.000 euros que non estaba incluída no proxecto inicial, adxudicado á empresa Hidroscivil S.L. mediante concurso público. Foi despois de que os técnicos advertisen da necesidade de cambialas polo mal estado que presentaban.


Ante o imprevisto, Rei decidiu adxudicar directamente os traballos á mesma compañía sen facer concurso público, para pagar posteriormente mediante recoñecemento extraxudicial de crédito, obviando as advertencias do interventor.


O Ministerio Fiscal, representado polo fiscal xefe da provincia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, mantivo a súa solicitude unha condena de nove anos de inhabilitación para o desempeño de cargo público para o rexedor redondelán polas supostas ilegalidades na contratación das obras, ao considerar que é responsable dun presunto delito de prevaricación, e tamén pide a mesma pena para o concelleiro de Asuntos Económicos e Urbanismo, Emilio González. Neste sentido lembrou que un informe do interventor advertía de que os gastos aprobados para eses traballos eran ilegais e nulos de pleno dereito. González é rotundo ó afirman que o goberno local fixo o seu traballo, que é "velar polos intereses dos veciños de Redondela", e que agora deben ser o fiscal e o xuiz os que fagan o seu, o que agardan con tranquilidade.


A defensa, que tamén fixo o seu traballo, asegurou que non quedou demostrada a autoría dos feitos e considerou que o ámbito dos feitos é o contencioso administrativo, e nunca o penal. O avogado do Concello, Alfonso Pereira, destacou tamén que o informe do interventor non advertiu da irregularidade previamente a que se realizase a obra, senón cando se ía a aprobar en pleno a modificación de crédito.


Para o Ministerio Fiscal, a actuación do alcalde non buscaba un beneficio económico, pero si electoral co obxectivo de "perpetuarse" no poder despois de 30 anos de goberno. Neste sentido, incidiu en que a decisión tomada no que respecta ás obras do saneamento enmarcábase na ilegalidade e que iso foi feito a propósito.


Xaime Rei rexeitou facer declaracións á espera de que o xuíz tome unha decisión, aínda que lembrou que, en todo caso, é recurrible.

Comentarios
Unha plataforma xaaaa!!!
Luns 12 de Abril de 2010 ás 16:21 horas
Siiiiiii! Unha plataforma contra o atropelo de imputar a un alcaide impoluto, xusto, transparente, democrático, que fixo de Redondela un referente no urbanismo, na participación cidadá, na atención ás parroquias, na mobilidade, nos atascos, na facenda saneada, un alcaide que fixo que Redondela sexa o exemplo na gobernanza municipal a nivel... xa no ndigo de pontevedra, senón de madrí!!. Un alcaide con múltiples propiedades, con uso particular de servizos municipais...

Unha plataforma xa!!!! iso si, plataforma para axudalo marchar!!
por a defensa do noso alcalde
Domingo 11 de Abril de 2010 ás 21:32 horas
Os veciños de Redondela temos que facer unha plataforma para que non metan a Jaime Rey no carcere.
MANUEL
Venres 9 de Abril de 2010 ás 16:24 horas
ÁNIMO ALCALDE!!!!!!!!!!!!!!!!
TI PODES CON TODO,ISTO NON VAI ARRUINAR OS TEUS TRINTA ANOS DE ALCALDE.SABES Q TES O APOIO DOS TEUS,
RECORDA Q EIQUI HAY MOITO PEPERO CN ENVEXA,JEJEJJEJJEJJEJE.
ESOS SI Q SON OS VERDADEIROS LADRÓNS,
OPERACION GURTEL,OPERACION RETABLO(ESTA O CURA DE REDONDELA MAIS SUSITO VARELA METIDOS NA TRAMA),CASO PALMA ARENA...
CHEA DE CORRUPTOS,Q SODES,AJJJJJJJJJJJ.
un socialista
Venres 9 de Abril de 2010 ás 16:08 horas
mira querido iluminado,neste mundo hay moita envexa,de que o noso alcalde socialista leve 30 anos no poder,el non fixo nada malo neste tema.
o denunciante é un animal rabioso,e sabes pq???
pois pq non se lle recalifica un terreo,enton anda a jodela,o alcalde non se doblega ante isto,senon q tira pa diante,no beneficio do noso pobo,
e xa miraras como isto queda en nada,pq é unha autentica tonteria.
Luis
Venres 9 de Abril de 2010 ás 15:19 horas
Jo va! Que mala, es la gente por aquí! Si, yo trabajo en Aqualia gracias al alcalde. No me digais que es malo, porque me pongo muy mal.
ao listiño!
Venres 9 de Abril de 2010 ás 15:04 horas
Que pouco sentido do humor tes, meu querido holigan xaimista. O de que é tontería, é a importancia que trata de darlle Xaime na prnesa, ou o ferro que trata de sacarlle, pero a cousa é grave, e me da que non se vai librar, nin vai ser a última, por moita mofa que faga o alcalde e outro concelleiro de economía (porque me soa algunha outra nova no Falo de Vigo, no que Reguera, que está en todo, tamén era biresponsable de economía, ¿ou non? pregunto). O alcalde que faga o que queira e se deixe aconsellar con quen queira, pero penso que non lle fan nigún favor esas declaracións previas, mofandose da súa incriminación e dandolle pouca importancia, cuestionando a profesionalidade do Fiscal, do Interventor, ou incluso do Arquitecto do Concello ( declarando que comete erros de seguido ao poñer a data). Jaime Rey, nin é xuez nin está por riba da lei. Foi xulgado só polo que foi denunciado,e foi denunciado só polo que se pode demostrar. O do enrriquecemento ilicito, e outro cantar, eso imoslle presumir inocencia, pero non nos chupamos o dedo, "toda Redondela". Esta soberbia, habitual, do Sr. Jaime, máis que servirlle electoralmente, lle está pasando, unha grande factura, xa perdeu 1500 votos nas pasada municipais, en referencia ás do 2003. e agora é moi probable que lle saia caro xudicialmente.

No caso Gurtel, non se roubou, como se o político collera un fajo de billetes dunha caixa. Os contratos adxudicanse aos amigos, e logo, de tapadillo, ingrasase a comisión, no prazo e lugar acordado, con noturnidade e alebosía. Se sabemos algo do Gurtel é porque alguén tivo a osadía de denuncialo e destapalo. Non é doado, pois os ladróns de guante branco tapano canto poden, de feito o cidadán redodnelán do que fala o Faro de Vigo, debe ser dos poucos primeiro que se inetresan por estes temas e segundo que logo dun traballo tenaz e resistente consigue a información necesaria para que o fiscal actue, No Concello democratico de Redondela, é informativamente opaco, algo gardarán! algo taparán! Pero toda Redondela, esto si, que toda Redondela, sabe que no Concello de Redondela se coce algo! Non o cuestionan nin os militantes socialistas!

Redondela precisa máis Ramóns Rodriguez, e menos mangantes, estomagos agradecidos, caciques, ... Ramón Rodríguez, o interventor e o fiscal, merecen o recoñecemento do pobo de Redondela. Verdadeiros defensores do estado democratico e da legalidade vixente. Non poden decir o mesmo, REY, GONZALEZ E PAZOS.

Di o "abogado" Pereira, que a actuación do Fiscal ten un tufillo político. O verdadeiro tufillo político é o do artigo de hoxe do Falo de Vigo, que secunda lealmente o interese dunha parte, en minimizar a gravidade dun suposto político. Este avogado non ten vergonza, en cuestionar a profesionalidade do Fical Xefe, do qeu estou seguro que non vai salir na prensa babosaeçdo e pataleando e amosando a incompetencia e frustración como fai Pereira.

é Inxusto que os redondeláns paguemos a defensa legal do alcalde, logo d epagar ao inteventor para que lle advirta das ilegalidades, como fixo. Xa que lle pagamos, á forza, a sentencia debera expoñerse completa no taboleiro de anuncios do Concello pero veredes como o noso inocente, transparente e democrático alcalde non vai deixar que os redondeláns sepamos a verdade. Leva trinta anos contando contos, que cada vez menos creen.

Ogalla, haxa cidadáns con agallas, profesionais e probas suficientes para levar ao xulgado aos mangantes.
Ciudadano
Venres 9 de Abril de 2010 ás 11:59 horas
Rey!!!! A la cárcel por ladrón, estafador y déspota.

E o lambeconas do anterior comentario, que o vaia visitar!!!!!
ignorantes
Venres 9 de Abril de 2010 ás 11:19 horas
primeramente el alclade no va a ir a la carcel,pq es inhabilitación,entiendes??alomejor ese día faltaste a clase y no cogiste ese concepto,
otra cosa,por lo q se le acusa es una tonteria,eso lo dice toda redondela,hizo lo q habia q hacer y punto,no se enriqueció,ni robo.
alomejor los del pp lo haria,para pagar a crespo,el bigotes,sabes??la trma GURTEL,ESOS SI Q TENIAN Q IR A LA CARCEL,IGUAL Q MATAS OTRO CORRUPTO,
as tres gracias
Venres 9 de Abril de 2010 ás 10:55 horas
Querido amigo e alcalde!

Sabemos que estás a punto de ingresar na Lama. Como tamén sabemos que non fumas, este xa non pode ser un motivo para visitarte. Outra razón podía ser levarche unha ducia, ou dúas de nejritos, que eso, si que te gustaría, porque sabemos que eres bastante joloso e lambón.

Sen outro particular, de momento, quedamos a túa desposición, os teus subitos.

P.D.:Segundo te vaian xurdindo outras necesidades, xa che iremos levando outras cousas. Y en todo caso, "¡que te vaya bonito!".

P.D. : Cuando estés allí, ¿portate bien!
[1-9]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: