www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

O Choco sae do pozo
Deporte • 3/10/2016
Autor: Ana Prieto

Un empate no José García Calvo de Negreira permite aos de Marcos Montes saír dos postos de descenso. Malia que os anfitrións se puxeron por diante no marcador en dúas ocasións, o Choco igualou o encontro con goles de Róber e Óscar. Na Liga Galega de fútbol sala vitoria do Redondela F.S., empate do Arealonga e derrota do Campito.


Terceira División


Negreira 2-2 Choco


O partido comezou con ocasións para os dous equipos e sen dominio claro. O primeio lanzamento con perigo foi do Choco, cun lanzamento de Félix que detivo o porteiro local. Logo o Negreira fallou unha oportunidade cun disparo de Sergio quesaíu fóra. Pouco despois chegou o primeiro gol dos locais, pase de Jacobo Tato a Capelo, que quedou só fronte a Cortegoso e non fallou. O Choco mudou o seu xogo, que se volveu máis ofensivo, e comezou a organizar os seus ataques. Primeiro, foi un centro de Gabi Misa que rematou Rícar sen éxito. Pouco despois, unha xogada entre Rícar e Róber levou o balón ao fondo da portería rival. Foron con empate ao descanso. E aos 8 miniutos de reanudar o xogo adiantouse novamente o Negreira, cun remata de cabeza de Ángelo que poñía o 2-1 no marcador. Dez minutos despois os de Redondela volvían igualar o encontro cun contragolpe no que Óscar foi o anotador. Houbo máis ocasións para os de Marcos Montes ata o asubío final, pero o marcador xa non se movería e o 2-2 foi resultado definitivo. O empate permite ao Choco saír dos postos de descenso e respirar algo máis aliviado. A próxima fin de semana na casa reciben ao Barbadás, sexto na táboa.


Segunda Autonómica



Choco B-2 0Vilariño


O filial do Choco é o novo líder do grupo logo de impoñerse en Redondela ao Vilariño. Empatado a puntos co Nieto e o Louro, os redondeláns defenderán o liderado a próxima fin de semana no campo do pechacancelas, o Tomiño.


Arcade 1-1 Figueirido


Os de Soutomaior seguen afundidos na parte baixa da táboa logo de rabuñar un empate ante o Figueirido. A próxima fin d1 e semana reciben ao Vilaboa, un dos equipos máis fortes do grupo.


Terceira Autonómica



Chapela 3-0 Gondomar


Os de Redondela mantéñense nos postos de cabeza, empatados co líder, que é o Teis, e que suma os mesmos puntos que Vincios e Coia. E precisamente Coia é o próximo destino do equipo redondelán, polo que o resultado irá definindo os postos de cabeza.


Teis 1-0 At. Vilar


Os redondeláns perderon pola mínima no campo do Teis, líder do grupo. A próxima xornada reciben ao Moledo, un posto por baixo dos redondeláns.


Moledo 3-2 Beretes Chapela


O Peña Beretes segue afundido na parte baixa da táboa, logo de perder co que ata o domingo era o pechacancelas, o Moledo, que sumou ante o Peña Beretes os seus primeiros puntos. Na próxima semana os de Chapela descansan.


Cesantes1-1 Soutomaior


Reparto de puntos no derbi comarcal entre Cesantes e Soutomaior. Primeiro punto que suman os redondeláns. O domingo xogan no campo do Presqueiras.


Nespereira 1-2 Vincios


O Nespereira perdeu ante o Vincios e cae varios postos na táboa. A próxima fin de semana xogan no campo do colista, o Casablanca.


Fútbol Sala Liga Galega Sur


Redondela 4 -2 Valladares


Segunda vitoria por 4-2 do equipo sénior masculino outra vez na casa e contra un Valladares bastante competitivo e moi físico. Bo debut de Juan Puertas, que vestía por primeira vez a camiseta do Redondela en partido oficial. Na próxima xornada o Redondela de Manuel Otero mídese en Chapela ao Arealonga no primeiro derbi local da temporada.


Celado 1-1 Arealonga


O Arealonga suma outro empate, neste caso na pista do Celado nun encontro raquítico na faceta goleadora. Ao derbi en Chapela chegan nunha posición inferior ao Redondela na táboa, xa que os de Otero son 6º, mentres o Arealonga é 12º.


Campito 3-5 As Neves


O Campito é o pechacancelas do grupo logo da derrota ante As Neves nun encontro con moitos goles. A próxima xornada visitan a pista do Abetos, situado tamén na parte baixa da táboa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: