www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Xornada de éxitos para o balonmán local
Deporte • 3/10/2016
Autor: Ana Prieto

A excepción do Rodosa Chapela feminino, o resto de partidos da máxima categoría do balonmmán local saldáronse con vitorias. Na Primeira Nacional masculina o Chapela Rodosa impúxose ao Rasoeiro, e a SAR Plastic Omnium ao Saeplast Cañiza. Na Prata Feminina o Rodavigo SAR gañou en Valladolid.


Primeira Nacional


Rasoeiro 20-33 Chapela Rodosa


Os de Fran Teixeira non tiveron piedade do modesto Rasoeiro, que disputaba por primeira vez no Grove un partido de Primeira Nacional. Os de Chapela foron moi superiores, e seguen na cabeza da táboa. O sábado reciben en Chapela ao Xiria, co que están empatados a puntos no liderado da táboa.


Saeplast Cañiza 22-29 SAR Plastic Omnium


Os pupilos de Carlos Rey deixaron xa sentenciado o partido na primeira parte cun parcial de 11-19. Os de Redondela seguen sumando, e a próxima xornada reciben ao Granitos, que aínda non sumou ningún punto.


Honra Prata Feminina



Hand Vall Olibher 29-36 Rodavigo SAR


Malia o longo e incómodo desprazamento, as pupilas de "Chini" demostraron ser moi superiores ao Valladolid. No pavillón municipal da Cistérniga deron un baño de xogo as anfitrioas, e mantéñense no máis alto da táboa empatadas a puntos con Xixón e Tejina. Logo da xornada de descanso desta fin de semana desprázanse a Cantabria para xogar ante o Balonmán Camargo.


Rodosa Chapela 10-23 Palencia


As de Lupo sufriron unha durísima derrota na estrea da liga en Chapela. Non sumaron ningún punto nestas dúas xornadas, e pechan a clasificación da categoría


Logo da xornada de descanso desta fin de semana desprázanse a Tenerife para xogar co Tejina, o 15 de outubro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: