Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Curso de xestión de redes sociais ou como ser un Comunity manager
Sociedade • 30/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Xuventude organiza este mes de outubro un curso de xestión de redes sociais (Comunity Manager) que se impartirá a partires do vindeiro 3 de outubro na Aula Cemit de Redondela, no Paseo do Pexegueiro. O curso, dirixido a mozos de entre 15  e 35 anos pero aberto a todo o público interesado, é de balde e o prazo de inscrición está aberto ata o propio día 3 de outubro ás 11:00 horas. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada no rexistro.


O obxectivo do curso é dotar aos asistentes dos coñecementos avanzados para xestionar de maneira profesional as redes sociais empregando tamén as correspondentes aplicacións móbiles. Entre outro contidos abordaranse cuestión como o plan de redes sociais nunha empresa, noticias con twitter, posicionamentos profesional con Linkedin e o facebook e a publicidade.


Unha formación moi necesaria para todos os que queren situar o seu negocio na rede accedento así a outro tipo de cliente que quizais non se achega ao seu local, segundo nos explicaba Cesar Narcellas da empresa Gadepro, encarga de impartir a actividade.


Toda a información pode consultarse na páxina web do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: