Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

A XXI edición da Festa da Mazá congregará en Negros a máis de tres mil persoas
Sociedade • 28/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Comisión de festas apura os últimos traballos para ter todo a punto cando este sábado día 1 ás 20:00 horas se abran as casetas de degustación nas que se servirán numerosos pratos nos que un dos seus ingredientes estrela será a mazá da parroquia. Nestes días traballan na elaboración da sidra que permitirá servir máis de catro mil litros da prezada bebida. O domingo, día grande da celebración, terá lugar o pregón que correrá a cargo do popular transformista Cristian de Samil.


A mazá con bacallau e a peituga con mazá son os dous pratos máis demandados polos comensais que se achegan a esta cita gastronómica. Así o confesa o presidente da Comisión de festas, Emilio Antón, quen agradece a colaboración veciñal que permitiu superar este ano o número de kilos de mazá recollidas "malia que o cálido verán que nos acompañou fixo que as maceiras deran o seu froito antes do previsto, o que facía perigar a colleita, a enorme colaboración dos veciños que ceden as súas mazás permitiunos recoller uns cinco mil kilos".


Unhas mazás coas que estes días estanse xa a elaborar os 4.000 litros de sidra que se porán a venda nas dúas xornadas de festa a un prezo de 2 euros a botella.


Igual de económicos son os prezos dos diferentes pratos que se poderán degustar na propia carpa instalada no torreiro da festa ou levar para casa, o prato estrela de mazá con bacallau servirase a 7 euros, a costela a 4 e a brocheta de polo a 3 euros. O chourizo a sidra despacharase por 3,5.


Unha festa que estará amenizada por grupos de baile galego e de salón e que arrancará ás 20:00 horas do sábado. O día grande será o domingo, xornada na que as casetas de degustación comezarán a servir xa as onde da mañá e o pregón, que se poderá escoitar a unha do mediodía, correrá a cargo do popular transformista Cristian de Samil.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: