www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Curso de Comunity Manager
Sociedade • 27/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Xuventude organiza este mes de outubro un curso de xestión de redes sociais (Comunity Manager) que se impartirá a partires do vindeiro 3 de outubro na Aula Cemit de Redondela, no Paseo do Pexegueiro nº6. O curso, dirixido a mozos de entre 15  e 35 anos, tendo preferencia os empadroados en Redondela, será de balde e poderase solicitar praza nos rexistros municipais do Concello de Redondela ata o mesmo día 3 de outubro ás 11:00 horas, adxuntando ao formulario un volante de empadroamento e a fotocopia do DNI. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada no rexistro.


O obxectivo do curso é dotar aos asistentes dos coñecementos avanzados para xestionar de maneira profesional as redes sociais empregando tamén as correspondente aplicación móbiles. Entre outro contidos abordaranse cuestión como o plan de redes sociais nunha empresa, noticias con twitter, posicionamentos profesional con Linkedin e o facebook e a publicidade.


Toda a información pode consultarse na páxina web do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: