www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

"Entre arrolos e contiños" música e contos infantís en Saxamonde
Cultura • 23/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha nova actividade para público infantil e familias dentro do programa APEGO. "Entre arrolos e contiños" é o nome desta proposta de música e narración oral que chega da man da compañía Migallas Teatro, e que se desenvolverá o domingo 25 de setembro ás 18:00 h, no Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde. Inscrición no 986 400 106 ou no enderezo normalizacion@redondela.es


A actividade achéganos contos de risa, trasnos e carapuchiñas que conseguen estimular e animar á rapazada da casa e ás súas familias. A tradición oral preséntase da man da literatura infantil ao ritmo da música para facer unha actividade lúdica e festiva.


Está indicada para nenas e nenos de 0 a 6 anos e as súas familias, que poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica.


A actividade é de balde pero ten limitado o aforamento, polo que cómpre anotarse a través do correo electrónico normalizacion@redondela.es, ou do teléfono do SNL (986 400 106).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: