www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Cursos de pilates, electricidade e memoria para as mulleres de Soutomaior.
Sociedade • 8/04/2010
Autor: Ana Prieto

A Concellaría da Muller de Soutomaior pon en marcha varios cursos de formación e socioculturais. Tamén organizan unha excursión á Coruña.


O programa que se pon en marcha neste segundo trimestre do ano inclúe cursos de pilates e primeiros auxilios, así como obradoiros formativos de electricidade, espazo da familia e obradoiro de memoria. Ademais organizan unha excursión á Coruña que inclúe unha visita á Casa da Auga. O prazo de inscripción das actividades está aberto nas oficinas do CIM, situadas no Multiusos de Arcade, ou no teléfono 986.70.12.27

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: