Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

A música tradicional enche de ritmo a Antiga Escola de Tuimil
Cultura • 21/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A parroquia do Viso conta con novos cursos de música tradicional que se impartirá a partri de aoutubro: pandeireta e canto, acordeón, zanfona, gaita galega e o curso orientado ás familias "música de paelleiro". Está aberto o prazo de inscrición no enderezo acsmviso@gmail.com.


A música tradicional é un magnífico complemento tanto para a formación dos cativos e cativas, como de lecer e transmisión cultural para adultos, sempre dende unha perspectiva lúdica e amable, posibilitando o desenvolvemento de habilidades musicais a través dos instrumentos tradicionais galegos. Así o entenden na Sociedade Culturla do Viso que pon en marcha novos cursos de gaita galega aos que engaden pandeireta e canto tradicional, que se impartirá os martes de 18:30 a 20:00 h., acordeón e zanfona, especialidades que se desenvolverán os xoves.


Recupérase tamén o obradoiro familiar "Música de Palleiro" co obxetivo de achegarlle aos máis cativos á sonoridade, música, instrumentos e xogos tradicionais, os sábados de 12 a 13h.


Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: