www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

O Redondela F.S. busca o ascenso
Deporte • 20/09/2016
Autor: Ana Prieto

Logo de comezar a Liga Galega Sur cunha contundente vitoria ante o Ourense Mariñamansa, os de Manuel Otero desbordan optimismo. O equipo, con novas incorporacións que se compensan con xogadores máis veteranos, busca o salto de categoría que se lle resistiu nos últimos anos.


O adestrador, Manuel Otero, recoñece que o reto de subir a Terceira é difícil, e que deben ser "moi regulares" para acadar o obxectivo, pero confía na calidade do equipo para conseguilo. O primeiro paso está dado, logo de gañar cun contundente 4-1 o primeiro encontro de liga ante o Ourense Mariñamansa. Unha vitoria que serve non só para comezar sumando puntos, senón tamén para dar ao equipo a confianza e o optimismo que precisa para encarar unha liga "tan competitiva". O seguinte paso será superar ao próximo rival, o Beade. Un recen ascendido ao que case non coñecen, malia que saben da súa xuventude e boa forma física. E son os actuais líderes logo de gañar por goleada a pasada xornada ao Celado en Mos. O encontro, malia que debía xogarse en terras viguesas, disputarse no pavillón A Marisma de Redondela, por problemas de calendario do Beade no seu pavillón.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: