www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

O turismo familiar e nacional predomina en Soutomaior
Sociedade • 7/04/2010
Autor: Ana Prieto

A maioría dos visitantes están de paso no municipio, e chegan para gozar da gastronomía local, visitar o Castelo de Soutomaior e admirar a paisaxe. Ademais de Galicia, Madrid e Cataluña son os lugares de procedencia da maioría dos que se achegan a Soutomaior.


Familias españolas, que están de paso en Soutomaior e que se achegan ó municipio para gozar da súa gastronomía e da paisaxe. Ese sería o perfil tipo dos que visitan a oficina de información turística de Soutomaior, segundo nos explicaba unha das súas técnicas, María Garrido. O marisco da ría e o Castelo de Soutomaior son os grandes atractivos que este municipio ofrece ó visitante. Pero hai outros moitos, como o monte da Peneda, as pontes no río Verdugo, as praias fluvias, ou o peirao de Arcade, entre outros. Desde a oficina de información turísticas, María Garrido explicaba nos micrófonos de Radio Redondela que a maioría dos que se achegan a solicitar información son turistas galegos, ou do resto do territorio estatal, e os estranxeiros son "moi poucos". En canto ó turismo nacional madrileños e cataláns "son maioría".


A oficina ampliou este ano o período de atención ó público. Co gallo da celebración do Ano Xacobeo amplían dous meses máis a súa actividade. Abriron as súas portas na Semana Santa e continuarán ofrecendo este servizo ata finais do mes de setembro. O horario de apertura é de 10.00 a 14.00 horas, e pola tarde de 16.30 a 20.30 horas, todos os días da semana. Alí poden recoller todo tipo de información turística da zona, que tamén se pode consultar na web do Concello www.soutomaior.com.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: