Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Gustavo Barciela gaña o concurso de fotografía organizado polas Bibliotecas
Cultura • 16/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A obra "El túnel" de Gustavo Barciela Balado, alzouse co premio do concurso fotográfico "Escenifica a túa lectura de verán" organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela  a través das plataformas de facebook e instagram. A fotografía gañadora foi tomada na fortaleza de O Castro (Vigo) co libro de Ernesto Sábato "El túnel" como protagonista.


O xurado, constituído polos membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, escolleu entre as 14 fotografías que cumprían os requisitos do concurso, das 29 que se presentaron en total.


O premio consiste nun lote de libros e películas. A imaxe premiada, como todas as que participaron no concurso,  expoñerase nas dependencias das  bibliotecas, o Día da Biblioteca (24 de outubro).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: