www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Xesús Constela presenta o libro "A rotura das paisaxes"
Institucional • 15/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Axencia de Lectura de Chapela, acolle este venres ás 20:30 horas a presentación da novela "A rotura das paisaxes" do escritor Xesús Constela. O acto estará presentado polo coñecido arqueólogo Xurxo Constela e mais por Fran Alonso, en representación da editorial Xerais. Organiza: Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela e mais as Bibliotecas Municipais de Redondela.


Xesús Constela (Ferrol, 1963) vive en Poio e deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con As humanas proporcións (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. Dende entón, ten unha extensa obra literaria publicada en editoriais como Galaxia, Embora ou Xerais.


A rotura das paisaxes é unha proposta novidosa e experimental:  un libro no que xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras. Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo, A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos (presentación da editorial).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: