www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Teresa París: "É un reto ilusionante asumir unha das áreas máis importantes do goberno"
Política • 14/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A edil é a nova responsable da concellería de Cultura logo da dimisión do seu ex compañeiro de goberno Xabier Alonso. Anuncia unha política continuista respectando o que se estaba a facer ata o de agora no departamento. Recoñece eivas, como a falta de persoal para xestionar unha área de enorme contido, e non adianta proxectos aínda que si amosa o seu interese por "potenciar os elementos patrimoniais e os edificios vencellados a cultura".


A Concellería de Cultura é a que máis cambios experimentou dende a chegada do PP ao goberno local. En pouco máis de cinco anos pasaron xa por este departamento Alberto Pazos, Julio Alonso, Xabier Alonso e a recén nomeada no cargo, Teresa París.


A edil, que xa era responsable de Muller e igualdade, Ensino, comercio e o Conservatorio engade agora o departamento de Cultura, que leva asociado outras áreas como Normalización Lingüística e Turismo. Un elevado volume de traballo que asume como un reto "interesante e ilusionante" aínda que sen adiantar proxectos concretos.


Explica que o primeiro paso será coñecer polo miúdo a Concellería e que non será ata o ano que ven cando lle imprima un toque máis persoal. Entende ademais que no ámbito cultural estase a traballar positivamente dende o concello polo que aposta pola continuidade engadindo que se intentarán potenciar os elementos patrimoniais como o parque arqueolóxico de Monte Penide así como os edificios vencellados a Cultura" entre os que destaca o Museo Meirande".


Recoñece como eiva principal a falta de persoal "un mal que padecen todas as áreas do concello e que intentaremos suplir con persoas procedente de bolsas ou outros ámbitos".


As responsabilidade de París no goberno poderían variar coa chegada da edil que substituirá a Xabier Alonso na corporación, Angela Antón Pazos (número 12 na lista presentada polos populares ás últimas eleccións municipais), pero en calquera caso seguirá asumindo Cultura.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: