www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Festival musical e degustación de mexillóns no Viso
Sociedade • 14/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Sociedade Cultural do Viso xunto coa Comisión de Festas da Teixeira organizan o vindeiro sábado 17 de setembro a partir das 18:00h no torreiro da Gándara un festival musical e unha "mexillonada" para os asistentes baixo o nome "Setembro en Festa", un evento enmarcado dentro das actuacións do convenio interparroquial da Concellería de Cultura.


A actividade festiva é aberta a tódolos públicos e o programa variado. Contarase con xogos tradicionais durante toda a tarde e a velada estará amenizada por diversas formacións artísticas do Concello: o grupo de Pandereteiras As Cacharelas, o Grupo de Baile Froles Mareliñas, as Pandereteiras Arela, a Banda de Música de Redondela, as Pandereteiras Ledicia


E o grupo de Baile Moderno Pasiños.


Paralelamente, e ata fin de existencias, os asistentes poderán gozar dunha mexillonada popular de balde.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: