www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 17 de Novembro de 2018

Pazos convoca un concurso fotográfico para seleccionar a imaxe municipal do 2017
Cultura • 13/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Pazos de Borbén convoca o seu "II Concurso fotográfico" co obxectivo de seleccionar a imaxe principal do calendario municipal do ano 2017. O tema desta edición é "Pazos de Borbén, esencia e condición" e a imaxe deberá estar localizada en calquera punto do termo municipal. A foto gañadora estará premiada con 200 euros e o prazo de presentación termina o 14 de outubro. Por outra banda, este concello organiza o sa´bado 17 unha excursión ao parque de Marcelle en Lugo.


As persoas que queiran participar no concurso fotográfico teñen até o día 14 de outubro para enviar os seus traballos á dirección de correo electrónico: concello@pazosdeborben.org, indicando no asunto "Concurso calendario municipal 2017". Cada participante poderá enviar un máximo de tres fotografas en formato JPG ou TIF e cun tamaño non superior a 10Mb. Todas as imaxes deberán ser realizadas dentro do termo municipal. No correo electrónico, o autor ou autora deberá indicar o seu nome e apelidos, DNI, dirección postal e teléfono de contacto, e tamén, os arquivos das fotografías terán que estar identificados co nome da persoa participante así como o título da fotografía.


O certame establece unha única categoría na que a imaxe vencedora será premiada con 200 euros. A segunda clasificada recibirá 100 euros mentres a terceira terá un premio de 50 euros. As demais imaxes premiadas se utilizarán como imaxe representativa do Concello nas redes sociais. Todas as imaxes terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en concursos anteriores.


Excursión


A OMIX deste concello organiza unha excursión ao parque zoolóxico de Marcelle Natureza, en Lugo, para o próximo 17 de setembro. O prazo de inscrición termina ao cubrir todas as prazas dispoñibles e os participantes só terán que custear o prezo da súa entrada e a súa comida xa que o Concello corre cos gastos de transporte así como o acceso ao recinto dos menores de idade empadroados en Pazos de Borbén.


A formalización da inscrición realizarase nas oficinas da OMIX na Casa do Concello xa que as prazas adxudicaranse por estrita orde de entrada no rexistro municipal. Os veciños empadroados terán preferencia para participar na excursión. Todos os interesados en recibir información poden facelo a través do correo electrónico en omix@pazosdeborben.org, chamando ao teléfono 986 498 934 ou nas oficinas da OMIX na Casa do Concello, de 09:00 a 14:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: