www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Arranca en Negros e Saramagoso un obradoiro de alimentación saudable e cociña
Institucional • 6/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os centros parroquiais de Redondela acollerán durante as vindeiras semanas esta actividade organizada pola Concellería de servizos sociais. O obxectivo e promover hábitos saudables entre os cativos


En dúas sesións de hora e media cada unha, nenos e nenas de entre 4 a 12 anos aprenderán a elaborar pratos sinxelos e coñecerán as virtudes da cociña tradicional e do consumo de froitas e hortalizas. Así, algúns dos pratos que se prepararán son pizzas de atúns, bocadillos vexetais ou unha brocheta de froita con chocolate.


Pero ademais de coñecer os beneficios dunha alimentación saudable tamén descubrirán o pracer de compartir o traballo na cociña


O obradoiro impartirase nos centros culturais que están a gozar xa dos servizos da ludoteca itinerante que percorre as parroquias dende marzo ata xuño.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: