Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Chapela renovará a súa praza de abastos
Sociedade • 12/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A renovación do mercado suporá un investimento de 60.000 euros. Unha actuación que, segundo explican dende o goberno local, mellorará as condicións da praza, os baños e a ventilación do edificio. Colocarase ademais un pavimento antideslizante que facilitará a limpeza.


O Concello de Redondela solicitou unha subvención á Consellería de Economía, Empleo e Industria para a reforma integral de todo o interior da praza de abastos de Chapela pro valor de 60.000 euros co obxecto de mellorar as condicións da praza, os baños e a ventilación do edificio.


Con esta obra vaise renovar os chans instalando un pavimento en resina antideslizante que mellorará as condicións de salubridad xa que será de fácil limpeza e cumprindo as actuais exixencias técnico-sanitarias. Inclúese tamén unha actuación no falso teito coa súa reforma. Aproveitarase a obra para a substitución da rede de saneamento interior do mercado na zona de pescadería para evitar os atoramentos aumentando o diámetro da rede. Dotarase de ventilación xa que na actualidade carece dela e incorporaranse luminarias de tecnoloxía led que melloren a iluminación do xénero exposto.


Os postos modernizaranse con nova sinaléctica identificando os postos e o xénero de venta en cada un deles.


"Con esta actuación preténdemos lograr unha renovación interior total desta Praza de Abastos unha vez levada a cabo hai uns meses a obra de renovación de todo o tellado" explica Jesús Crespo, Concelleiro de Feiras e Mercados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: