www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

Medio Ambiente activa a situación de prealerta por seca no concello de Redondela e comarca
Sociedade • 9/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, vén de activar a situación de prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica no sur da provincia de Pontevedra. Malia o menor caudal observado nos ríos, a Consellería asegura que o abastecemento está garantido "dada a situación de normalidade na que se atopan os encoros de Zamáns e Eiras".


A situación de prealerta aplícase as bacías atlánticas dos concellos da Lama, Pontecaldelas, Fornelos de Montes, Soutomaior, Pontevedra, Vilaboa, Moaña, Cangas, Redondela, Vigo, Nigrán, Gondomar, Baiona, Cotobade e Pazos de Borbén (sistema 1), A Guarda, Oia e O Rosal (sistema 2). A prealerta só supón un incremento do seguimento, dado que as grandes reservas de auga da zona presentan un estado normal para esta época do ano e non se ten constancia de incidencias por carestía de recursos en pequenos abastecementos.


Non obstante, pese o menor caudal circulante observado nos ríos, os recursos para o abastecemento dos grandes núcleos de poboación destas zona están garantidos, dada a situación de normalidade na que se encontran os encoros de Zamáns, Eiras e Baíña. A situación actual podería chegar a afectar só a pequenos abastecementos que se nutran de captacións directas nos ríos ou pozos, aínda que polo momento non se ten constancias de incidencias neste aspecto.


Por este motivo, e seguindo o protocolo definido no Plan de Seca, tomouse a decisión de activar o estado de Prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica para este sistemas; co fin


de poder coordinar de forma máis eficaz, co resto de administracións, medidas preventivas para paliar os posibles efectos dunha seca hidrolóxica, de considerarse necesario.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: