Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

O Concello pide a desafección das casas dos Mestres para dedicalas a "usos sociais"
Política • 9/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O pleno do concello aprobou por unanimidade solicitar a Educación a desafección das vivendas das antigas casas dos mestres de Santa Mariña. O goberno insistiu en que unha vez que estes inmobles deixen de ter uso de residencia de profesores serán destinados a creación de vivendas  de uso social, unha cuestión que xerou debate ao entender tanto PSOE como BNG que "as vivendas socias deben integrarse por todo o territorio e non concentrarse nun único espazo para evitar a creación de guetos".


O concello solicitará a Educación a desafección das vivendas coñecidas como as casas dos Mestres, unha vez que a proposta foi apoiada pro unanimidade de todos os grupos. Unha vez sexan desafectadas o seguinte paso será solicitar a Costas o cambio de uso, e foi precisamente o uso que se dará de cara ao futuro a eses inmobles o que provocou un maior debate.


Mentres no PP defenden un proxecto da Concellería de Benestar Social para destinar esas vivendas a persoas en risco de exclusión, tanto BNG como PSOE recean da iniciativa por entender que as vivendas sociais deben estar distribuídas por todo o concello "para evitar a creación de guetos" e defenden que sexa no futuro cando o goberno estableza o uso público deses edificios.


Os socialistas criticaban tamén que a proposta do goberno local "se asemelle a aqueles proxectos do pasado no que as persoas con menores recursos acababan sinaladas, nas coñecidas como casas baratas".


A popular Carmen Amoedo rexeitaba as críticas e insistía en que o obxectivo do goberno é "empregar esas casas como solución habitacional temporal para persoas sen recursos ou en risco de exclusión".


Un uso que tamén é o que defenden dende AER, quen insistiron en que a idea naceu das marchas da Dignidade a raíz dun caso concreto "unha parella de Saxamonde a piques de ter un fillo que se viu desafiuzada e sen posibilidade de acceder a ningunha vivenda". Insistía Bernardo Crespo "Campa" en que as casas dos Mestres deben servir para dar solución a casos semellantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: