www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Redondela recupera a titularidade do terreo que ocupaba a caseta de Fenosa
Política • 7/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Máis dun ano despois do derrube da Caseta de Fenosa, o Concello de Redondela ven de recuperar a titularidade dos terreos no paseo da Xunqueira. O solar, que estaba en mans da empresa eléctrica, pasa agora a ser de titularidade municipal. Dende o goberno anuncian un proxecto de recuperación deste espazo para goce dos veciños que será concretado nos vindeiros meses.


Tras un longo período de xestións, segundo anuncia o goberno local, vense de facer realidade unha demanda histórica ao recuperar o concello a titularidade dos terreos que estaban ocupados pola Caseta de Fenosa, no paseo da Xunqueira. Tralo derrube do inmoble, en estado ruinoso, o Concello estaba pendente da disposición dos terreos para poder actuar neles e preparar un proxecto para o goce dos cidadáns.


O transformador que se atopaba neste terreo está xa soterrado polo que esta situación da mais liberdade de actuación podéndose axardinar toda a superficie.


Pola situación dos terreos, baixo o viaduto rehabilitado e na entrada da Xunqueira, estanse a valorar diferentes ideas que melloren esteticamente a zona e que a vez converta o espazo nun lugar para uso dos veciños. Unha actuación que se dará a coñecer nos vindeiros meses, segundo apunta o alcalde Javier Bas quen engade o seu desexo de que "sexa unha zona agradable e integrada no entorno".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: