www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

Xaime Rei séntase este xoves no banco dos acusados por presunta prevaricación
Institucional • 6/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Fiscalía solicita 9 anos de inhabilitación para o alcalde e o edil de urbanismo, Emilio González por presuntas irregularidades na contratación dunha obras de reforma nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín


O xulgado do Penal número 1 de Vigo celebra estres xoves o xuízo polas presuntas irregularidades cometidas polo alcalde Xaime Rei, e polo concelleiro de urbanismo Emilio González Iglesias na contratación dunhas obras executadas no ano 2007.


O Fiscal solicita para ambos os dous políticos 9 anos de inhabilitación por un presunto delicto de prevaricación por adxudicar uns traballos de renovación do saneamento nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín sen acudir a un procedemento público de adxudicación - ditas obras foron adxudicadas á empresa que xa estaba a realizar os traballo de humanización- e por recorrer a un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 799.531 euros pese ao informe negativo do interventor municipal quen advertía da súa ilegalidade.


Xaime Rei xustificou este procedemento alegando que o recoñecemento extraxudicial de créditos para realizar obras urxentes é unha práctica normal en todos os concellos e máis en casos como o que agora está nos xulgados onde foi necesario incrementar o orzamento nas obras de humanización porque de xeito imprevisto foi necesario cambiar a rede de saneamento, de abastecemento de auga e de recollida de pluviais. 


O edil de urbanismo explicaba que non se cometeron irregularidades "nin na concesión das obras que se adxudicaron á empresa que xa estaba a facer os traballos por tratarse dun modificado do proxecto orixinal que non alcanza o 20% nin tampouco no recoñecemento do crédito".


A Fiscalía pola contra entende que adxudicar ese traballos sen acudir a un procedemento público de adxudicación podería ser constitutivo dun delicto de prevaricación así como o feito de utilizar o recoñecemento extraxudicial de créditos para pagar as mencionadas obras, motivo polo que este xoves os dous representantes do PSOE terán que pasar polo xulgado.

Comentarios
Holigan do PSOE
Mércores 7 de Abril de 2010 ás 14:37 horas
O noso lider só fixo o que "é unha practica normal en todos os concellos", incluso nos gobernados polo PP, coma no caso Gurtel. Se o PP e os seus levan comisións e financian campañas a conta de adxudicar contratos aos amigos, por que, en democrácia, non o ibamos facer os socialistas? Primeiro nos!. Se non o facemos nos, ao de facer o PP (cando goberne, je, je, je).
Militante do PSOE
Martes 6 de Abril de 2010 ás 11:26 horas
¡Xa podía estar de pie!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: